martes, 26 de febreiro de 2019

O DÍA DA PAZ

O pasado mes de xaneiro fixemos actividades variadas co motivo do Día da Paz. Nesta montaxe de fotos podedes velas.


venres, 8 de febreiro de 2019

Canto sabes sobre animais?

Estes días andamos un pouco emocionados, porque polos corredores van aparecendo aos poucos preguntiñas sobre curiosidades do mundo animal. Saberemos responder a todo o que se pregunta..?


DÍA DA ILUSTRACIÓN

O pasado día 30 de xaneiro co motivo do Día da Ilustración, aproveitamos para comezar co noso xogo de puntos da Biblioteca, que nos traerán moitas vantaxes. Temos que conseguir 5 puntos particpando nas diferentes actividades propostas. Con eles teremos dereito a escollar unha carta da baralla, na que hai vantaxes como: sacar o libro durante 1 minuto nun exame, ir ao servicio cando precisemos sen permiso usar o ipad na hora de ler... 
A primeira actividade consiste en deseñar un cartaz de "O meu superanimal preferido". Como podedes ver hai moita imaxinación nas creacións.