luns, 10 de xuño de 2019

Así están os corredores de infantil...




EN 5 ANOS...

O alumnado de 5 anos están traballando moito. Na súa aula teñen un precioso mural sobre os animais acuáticos, do que son uns expertos. Pero tamén fixeron un libro con moita información de animais salvaxes, domésticos, acuáticos...
  Aquí vos deixamos unha imaxes.



AS NOSAS MASCOTAS

Estes días o alumnado de 3º de primaria está traendo a aula as súas mascotas. Xa viñeron tartarugas, un coelliño... en educación Infantil ras...Estamos moi emocionados!
Éstas son algunhas das imaxes.


xoves, 30 de maio de 2019

martes, 2 de abril de 2019

QUE ANIMALADA!

O alumnado de 2º de primaria elaborou un fermoso libro de animais, onde se combinan múltiples intereses, disciplinas, actividades, saberes...
Este é o resultado final deste traballo.


xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA


Co motivo do Día de Rosalía  buscamos e recitamos o poemiña que máis nos gustaba da escritora. Este foi o resultado deste traballo.




A linguaxe dos cans

Seguimos co proxecto sobre animais. O alumnado de 4º de Primaria fixo un traballo sobre a expresión dos animais e como nos transmiten o que lles está pasando. Cando están contentos, e enfadados? A través deste traballo poderemos entendelos mellor.


martes, 26 de febreiro de 2019

O DÍA DA PAZ

O pasado mes de xaneiro fixemos actividades variadas co motivo do Día da Paz. Nesta montaxe de fotos podedes velas.


venres, 8 de febreiro de 2019

Canto sabes sobre animais?

Estes días andamos un pouco emocionados, porque polos corredores van aparecendo aos poucos preguntiñas sobre curiosidades do mundo animal. Saberemos responder a todo o que se pregunta..?


DÍA DA ILUSTRACIÓN

O pasado día 30 de xaneiro co motivo do Día da Ilustración, aproveitamos para comezar co noso xogo de puntos da Biblioteca, que nos traerán moitas vantaxes. Temos que conseguir 5 puntos particpando nas diferentes actividades propostas. Con eles teremos dereito a escollar unha carta da baralla, na que hai vantaxes como: sacar o libro durante 1 minuto nun exame, ir ao servicio cando precisemos sen permiso usar o ipad na hora de ler... 
A primeira actividade consiste en deseñar un cartaz de "O meu superanimal preferido". Como podedes ver hai moita imaxinación nas creacións.




martes, 22 de xaneiro de 2019

Bigotes visita o noso colexio

No pasado mes de decembro a asociación lalinense " Bigotes" acudiu á nosa escola para contarnos en que consiste o seu traballo. Tamén trouxeron gatiños! Encantounos estar con eles.